Municipal

Medra a preocupación veciñal e da oposición pola reapertura dunha discoteca

Os nacionalistas piden unha xunta de área urxente

Paco Sarria

Ourense |

Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense
Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do BNG solicita a reunión dunha xunta de área de urbanismo extraordinaria, urxente e monográfica, sobre a posible reapertura da discoteca Macao na rúa Valle Inclán.

Explican que, logo de ter revisado o expedente, dende o grupo nacionalista entenden preciso que o goberno local informe pormenorizadamente de todolos pasos que se están a dar en relación con esta posible reapertura xa que “existen moitas dúbidas en torno ó proceder do departamento de urbanismo con este expedente”, explicou o voceiro nacionalista no Concello, Luis Seara.