Montederramo celebra a 26ª Festa da Carne o vindeiro 12 de outubro
Falamos co alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, para coñecer os detalles da organización da 26ª Festa da Carne, así como os atractivos turísticos deste concello.
Falamos co alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, para coñecer os detalles da organización da 26ª Festa da Carne, así como os atractivos turísticos deste concello.
Cun menú a base de empanada de carne, carne ao caldeiro e richada, viño da DO Ribeira Sacra e bica, todos os que se acheguen o vindeiro 12 de outubro a Montederramo poderá gozar do produto estrela desta zona. “Somos un concello gandeiro e esta festa nace co obxectivo de celebrar xuntos e promocionara a nosa carne de tenreira”, explicaba o rexedor municipal, Antonio Rodríguez.
Pero ademais deste luxo da gastronomía galega, Montederramo ten moitos outros atractivos que a fan un destino único para os visitantes. OMosteiro de Santa María, as súas rutas de sendeirismo pola Serra de San Mamede e o Bidueiral de Montederramo fan que “os que nos visitan se vaian abraiados”, comentaba o alcalde. “Montederramo é un concello para visitar calquera día do ano”, concluía.