Sentencia

O mozo de Nerea Añel condenado a 10 anos de cárcere

Condenado por omisión de auxilio.

Paco Sarria

Ourense |

O mozo de Nerea Añel condenado a 10 anos de cárcere
O mozo de Nerea Añel condenado a 10 anos de cárcere | onda cero ourense

A Audiencia Provincial de Ourense concenou, como responsable dun delicto de homicidio por omisión, a Julio González Sierra, a 10 anos de cárcere, acusado de matar en xaneiro do 2020 en Barbadás á sua parella, Nerea Añel; corpo que foi atopado oito meses despois da sua morte no leito dun regato.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou en xuño pasado nula a primeira sentenza emitida pola Audiencia ourensá por “alcanzar unha conclusión diferente á emitida polos xurados que atenderan a tese acusatoria, polo que ordenou retrotraer as actuación ao momento anterior a ditarse resolución, a fin de que se ditase outra, de conformidad eco veredicto de culpabilidade emitido polo xurado popular que entendeu que o falecemento da víctima se producíu pola omisión de auxilio do investigado.

A resolución final indica que o acusado, tal e como considerou probado o veredicto, “estaba presente no momento no que se producíu o traumatismo craneoencefálico vertebral da víctima e non lle prestou a asistencia necesaria para evitar o seu falecemento”.

Nerea Añel tiña 26 anos e faleceu como consecuencia dunha caída por precipitación que entenden predominantemente accidental.

O condenado tamén deberá pagar unha indemnización de 25 mil euros.