Salón del automovil

O 13º Salón do Automóbil presenta as novidades do mercado

A fin de semana do 14 ó 16 de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 21 ao 23 de outubro o de Ocasiós

Óscar Gómez

Ourense | 06.10.2022 13:21

O 13º Salón do Automóbil presenta as novidades do mercado
O 13º Salón do Automóbil presenta as novidades do mercado | onda cero

15 concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 13º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. A fin de semana do 14 ó 16 outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 21 ao 23 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.

Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2023. En total, participarán 15 empresas representando unha vintena de marcas que presentarán unha vintena de modelos novos. As marcas representadas son: Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Ford, Hyundai, KIA, Mazda, Mercedes, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Toyota, Volkswagen e Volvo.

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido. Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.

O horario do 13º Salón do Automóbil será os venres 14 e 21 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 15 e 22 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 16 e 23 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

Esta cita foi presentada esta mañá nun acto no que participou o presidente de ACAUTO, Ramón Seijas Pérez, acompañado polo vicepresidente, César Fernández Mosquera e por membros da directiva desta asociación ourensá que reúne a unha vintena de empresas que xeran 400 postos de traballo directos e presentan unha facturación anual de 200 millóns de euros. ACAUTO estivo acompañado polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, César Fernández Gil; polo secretario xeral de Cáritas en Ourense, Javier Soto; e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez González.

Durante esta presentación, o presidente de ACAUTO comentou que este salón “é unha cita clave na venda de vehículos anual en Ourense, reactiva o mercado e contribúe a rexuvencer o parque móvil da provincia situado nos 12,5 anos de media de antigüidade dos vehículos”. Tamén fixo un repaso pola situación do mercado de venda de vehículos na provincia de Ourense, que descendeu un 13% neste exercizo (12% de media no resto de Galicia).