Deporte Solidario

15 Nocturna Solidaria de Ourense - Mediolanum

A 15 K Nocturna de Ourense - Mediolanum, unha carreira atractiva e solidaria. A proba colabora cos afectados pola invasión a Ucrania e ca Fundación Juan Soñador. Superados xa os 400 inscritos a falla de un día para o peche.

Onda Cero Ourense

Ourense | 16.03.2022 11:08

15 Nocturna Solidaria de Ourense - Mediolanum
15 Nocturna Solidaria de Ourense - Mediolanum | CC Ponte Vella

Na terraza do CC Ponte Vella, e cas Pontes sobre o río Miño coma fondo, tivo lugar a presentación V edición da 15 K NOCTURNA OURENSE – BANCO MEDIOLANUM, que se vai celebrar o vindeiro sábado na cidade das burgas.

Abríu o acto o director deportivo da carreira, Serafín Martínez, quen puxo en valor o escenario “ Ourense, é un sitio espectacular, é máis pola noite”.

Destacou ademais esta nova normalidade que permitirá “por fin unha saída con tódolos atletas a vez”. Lembraba que a pesar de estar xa nos 400 participantes, “ as inscripcións continúan abertas ata a medianoite do mércores”.

Na súa intervención, Marcos Vila, Director do Centro Comercial Ponte Vella, agradeceu a empresa organizadora “seguir contando un ano máis co centro” Sinalaba tamén a data importante de coincidir co día do pai, no que “haberá distintos eventos para participantes e acompañantes”.

Mario Guede, Concelleiro de deportes do Concello de Ourense, suliñaba que a 15 K é “ o inicio das 15 probas con máis 20.000 deportistas que se van a celebrar na cidade neste ano”. Destacaba así mesmo,” a importancia da chegada do AVE para seguir albergando eventos”

15 K Ourense Nocturna, unha proba solidaria

A 15 K Ourense nocturna, ten varios actos solidarios paralelos. Un deles é a colaboración cun 1 euro de donativo para a Fundación Juan Soñador, cuia directora local Nuria García , logo de falar da labor da súa institución, daba “ as máis profundas grazas a organización, por implicarse activamente ca fundación.” “ que todos os nenos teñan as mesmas oportunidades, para que ninguén saia con desventaxa na vida”.

Pechaba o turno de intervencións Ángeles Franco, Family Banker do Banco Mediolanum, destacando os valores do proxecto “ Mediolanum Aproxima”: “Esforzo, por parte da organización, Determinación, recoñecemento os atletas participantes, Planificación, xa que grazas a suma de todos pode seguir celebrándose eventos”

A proba, organizada pola empresa Noko360, vaise celebrar na tarde-noite do sábado 19 de Marzo, sendo a primeira das 3 carreiras do circuíto 15K BANCO MEDIOLANUM que se disputan en distintos concellos galegos.

As inscripcións, limitadas a 500 participantes, continúan abertas ata o mércores 16 as 23:59 horas en www.bancomediolanum15kseries.com

Presentación 15K Ourense Nocturna
Presentación 15K Ourense Nocturna | CC Ponte Vella