Economía

16.000 galegos xa poden solicitar a nova prestación para desempregados aprobada polo Goberno

O delegado do Goberno destaca esta nova medida para protexer a colectivos moi castigados pola pandemia ante os efectos económicos da crise sanitaria

Óscar Gómez

Ourense |

Javier Losada | La Voz de Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou que preto de 16.000 galegos e galegas se poderán beneficiar do subsidio aprobado polo Goberno de España para aquelas persoas que esgotaron as prestacións por desemprego durante o primeiro estado de alarma. “Unha medida que busca compensar esta perda de ingresos a un colectivo especialmente castigado pola crise sanitaria, ao dar cobertura a aqueles que non pudieron reincorporarse aos seus traballos pola pandemia e que non dispoñen doutras prestacións ou axudas”, destacou o delegado.
Esta nova medida de protección ás persoas traballadoras someteuse ao Diálogo Social e estaba recollida no II Acordo Social en Defensa do Emprego. Dará cobertura a quen esgotase as súas prestacións entre o 14 de marzo e o 30 de xuño de 2020 e non teñan acceso a outras axudas nin posibilidade de incorporarse ao mercado laboral. A súa aplicación foi aprobada polo Consello de Ministros do pasado 3 de novembro.
Os posibles beneficiarios e beneficiarias deben atoparse en situación de desemprego e rexistrados nos sistemas públicos como demandantes. Tamén poderán acceder ao subsidio as persoas que estean a cumprir o mes de espera para acceder ao subsidio de esgotamento da prestación contributiva. “As cifras que manexa o Ministerio de Traballo e Economía Social apuntan en Galicia a 15.982 persoas que xa poden solicitar esta prestación”, apuntou Javier Losada, quen engadiu que “o Goberno simplicou ao máximo os trámites para facilitar as solicitudes”. O delegado anunciou que, nestes días, o Ministerio de Traballo e Economía Social está enviando unha carta aos posibles beneficiarios onde se lles informa da axuda e dos trámites para obtela.

ProvinciaPersoas con prestación ou subsidio esgotados dende o 14 de marzo 2020 ao 30 de xuño de 2020
Coruña, A6.091
Lugo1.622
Ourense1.617
Pontevedra6.652
Total15.982

A duración desta nova axuda para parados é de 90 días (3 meses). Non será compatible coa percepción da renda mínima, a renda de inclusión, salario social ou axudas análogas de calquera administración pública.
A solicitude pódela facer online ou presencialmente, das seguintes maneiras:
• Online, accedendo á web do SEPE (www.sepe.es) e enviando, desde esa mesma páxina, un formulario de presolicitude da prestación.
• Ou presencialmente na oficina do SEPE, tras pedir cita previa en www.sepe.es ou por teléfono, e presentando, cuberto, o modelo oficial de solicitude