Plan de viavilidade invernal

83 profesionais, 2.000 toneladas de fundentes e 6 centros operativos para garantizar a seguridade viaria

Estes recursos permitirán atender os 1.000 km de estradas autonómicas na provincia para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve no inverno.

Óscar Gómez

Ourense | 15.11.2021 08:45

83 profesionais, 2.000 toneladas de fundentes e 6 centros operativos para garantizar a seguridade viaria
83 profesionais, 2.000 toneladas de fundentes e 6 centros operativos para garantizar a seguridade viaria | onda cero

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Ourense, cun dispositivo de 83 profesionais, 1.935 toneladas de fundentes e 6 centros operativos que garantirán a seguridade viaria.

O plan, xa en servizo desde o 1 de novembro, tamén inclúe na provincia de Lugo un dispositivo de 46 máquinas, entre elas, camións, pick-up, retros, cuñas, follas, esparexedores de sal e estendedores de salmoira. Estes recursos permitirán a atención e o mantemento dos preto de 1.000 km de estradas autonómicas na provincia para acadar condicións de seguridade viaria, especialmente nas épocas con episodios de climatoloxía adversa.

quitaneves en Ourense
quitaneves en Ourense | onda cero

O Goberno galego vén desenvolvendo todos os anos, entre o 1 de novembro de 30 de abril, o Plan de Vialidade Invernal mediante un amplo despregue de medios materiais e humanos para facilitar a mobilidade en máis de 5.500 km de estradas da súa titularidade. No conxunto de Galicia son, en total, 26 os centros operativos e 387 os profesionais que velarán pola seguridade das estradas autonómicas. Ademais, mobilízanse preto de 5.300 toneladas de fundentes.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de circulación na rede de estradas da comunidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo ou a aparición de neve. Este plan recolle medidas preventivas, para anticiparse aos contratempos que se poidan producir, e medidas paliativas, para reforzar a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas desfavorables.

O Goberno galego destina cada ano un investimento duns 50 millóns de euros para levar a cabo tarefas de conservación nas vías, entre as que destacan estas accións de vialidade invernal.