A XII edición ten por tema central a terapia en espacios abertos e o beneficio que iso nos aporta a nosa saúde, e por iso moitos dos xardíns que participan recrean o tema deste Festival. Dez formas diferentes de ver as diferentes terapias ou efectos que a natureza pode aportarnos na nosa saúde. Un ano mías a colaboración entre o CEIP Padre Feijóo e o IES de Allariz plasmouse na parcela educativa nas que os rapaces e rapazas quixeron representar o divertido que é xogar ao aire libre cun xardín que leva por nome “O xogo cura. Máis parque e menos pantallas.
No acto de inauguración que se celebrou ás 18:00h participaron gran parte dos paisaxistas que foron elexidos para esta edición. Así mesmo durante o acto procedeuse a entregarlle o premio ao xardín gañador de 2021, O camiño cara a emigración de Rosalía.
Poderemos atopar na nosa visita ao Festival xardíns realizados por paisaxistas galegos como Legado ou A árbore da vida, así como xardíns de Madrid, Austria, Montenegro, Italia, Colombia ou USA. Ata o 30 de outubro poderase visitar o recinto que alberga os dez xardíns que concursan polo voto do público. Amósanse, ademais, o xardín gañador na pasada edición e o xardín deseñado polos alumnos e alumnas dos centros educativos de Allariz.
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) converteuse nunha cita consolidada no programa paisaxístico e referente pola súa particularidade: é o único das súas características que se celebra en todo o Estado. Cada ano, Allariz convoca este concurso ao que se presentan decenas de propostas chegadas de todo o mundo. Entre eles escóllense 10 que se exhiben e compiten polos votos que outorgan os máis de 40.000 visitantes que pasan cada ano polo festival.
Segundo explicaba María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, “ O festival supón un importante recurso para Allariz, proba disto son os 40.000 visitantes que se achegan cada ano ao recinto. A edición deste ano fainos reflexionar sobre un tema de plena actualidade, a importancia que xogan os espazos verdes e xardíns na saúde física e mental das persoas,ademais de gozar das creacións de paisaxistas de todo o mundo, aproveitemos para por en valor a importancia de vivir nun entorno como no que residimos.
Así mesmo Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, recordaba que aqueles pobos que inverten en calidade de vida, en benestar social, en espazos que contribúen a atoparse cun mesmo e relacionarse co entorno natural e humano, son pobos que apostan fortemente polo futuro e que coidan de si mesmos.