Para acceder ás piscinas de Oira é preciso solicitar a cita previamente, tanto a través do banner habilitado na web do Consello Municipal de Deportes (www.deportesourense.com), como a través da seguinte ligazón: https://app.saudeter.com/reservas_galileo/5f082409190545005fb0bfa9; ou ben, a través das app gratuitas que se poden descargar tanto para android como IOS (Piscinas Municipales Ourense).
Cada día, permitirase o paso sen código QR a 30 persoas maiores de 70 anos, sempre que accedan a primeira hora da mañá (de 11:00 a 12:00 horas). Tamén será posible acadar o código QR de acceso nas instalacións do Pavillón dos Remedios, en horario de atención ao público, para as persoas con dificultades no acceso telemático á plataforma.
O concelleiro de Deportes e presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede, pon en valor o intenso traballo realizado polo persoal do CMD nas últimas semanas para que “unhas instalacións de primer nivel como as de Oira estén en perfecto estado para recibir aos milleiros de bañistas que acuden no verán”, e fai un chamamento ao cumprimento da normativa “para preservar entre todos este tesouro que temos en Ourense para pasar os meses máis calurosos do ano”