Voleibol

O Aceites Abril remata a xornada como lider

O equipo dirixido por Pablo Pérez logra a vitoria ante o Universidade de Valladolid e remata líder da xornada.

Óscar Gómez

Ourense | 31.01.2023 08:58

O Aceites Abril remata a xornada como lider
O Aceites Abril remata a xornada como lider | club voleibol ourense

O Aceites Abril Voleyourense recibiu o sábado no Pompeo o Universidade de Valladolid nun encontro no que os ourensáns quixeron levar os 3 puntos e non dar opción a sorpresa. No primeiro set, o Aceites Abril mostrou un xogo moi sólido que non permitiu as vallasolitnas realizar o seo xogo e puxeron en moitos problemas á recepción visitante. O equipo ourensán conseguiu levarse o primeiro set por un 25-15 que presaxiaba unha vitoria pola vía rápida.

No segundo set, a diferenza do primeiro, os ourensáns non lograron facerlle tanto dano a recepción rival e a UVA comezaron a xogar o seu xogo, con 8 puntos de vantaxe marcador. Esta vantaxe parecía abrir a porta a unha vitoria neste conxunto para os visitantes, pero

Tras un tempo morto de Pablo Pérez, o Voleyourense comezou a xogar o partido que lle permitiu levar o primeiro set e, tras unha remontada épica, consegue levar este set por 25-19 que deixou o partido a un set de levar os 3 puntos.

O terceiro, e finalmente o último, foi unha copia ao carbón do primeiro, onde os veciños non deron unha ollada a esperanza ao Valladolid, e conseguiron levarse a vitoria cun 25-16 e, con ese terceiro set, o 3puntos en disputa.

Esta vitoria fíxolle quedar líder provisional a espera do partido dominical do líder, o Voleibol Astillero, ante o Emevé en Lugo, que resultou na derrota por 3-0 dos cántabros que sitúa ao Aceites Abril Voleyourense como líder da categoría, dous puntos por riba de Astillero.

Na vindeira xornada, o Aceites Abril viaxa a terras asturianas para enfrontarse o sábado ás 19:30 horas no Polideportivo Los Canapés da Curtidora Universidade Oviedo, sexto clasificado. Este será un dos desprazamentos máis complicados dos que quedan para os ourensáns.