Voleibol

O Aceites Abril volve sen recompensa de Tenerife

O equipo dirixido por Pablo Pérez non puido plantarlle cara ao Tenerife Paradise Park que levou o partido pola vía rápida.

Óscar Gómez

Ourense | 16.10.2023 08:12

O Aceites Abril volve sen recompensa de Tenerife
O Aceites Abril volve sen recompensa de Tenerife | onda cero

Aceites Abril Voleyourense volve da súa viaxe a Tenerife cunha derrota por 3-0, nun a encontro no que os ourensáns en ningún momento atoparon o ritmo do partido, e non puideron contrarrestar o acerto do local.

Nun primeiro set con moitos erros tanto no saque como no recepción, os xogadores do Voleyourense non puideron entrar ao comezo do encontro non podendo frear o acerto tanto no saque como no ataque de Tenerife. O segundo set desenvolveuse cun guión semellante ao do primeiro, que que parecía nos primeiros compases do conxunto, aquela primaria igualdade, con erros consecutivos no servizo e recepción por parte dos visitantes, o marcador optou polos xogadores de Tenerife cun marcador parcial de 25-21. O terceiro set, que ao final sería o definitivo, os ourensáns.

Tiveron unha lixeira mellora no saque que os igualou no marcador ata o 16-16, onde o acerto de servizo do os locais decidiron o set por eles 25-20, rematando o partido con 3-0 a favor do Tenerife Paradise Park.

A vindeira fin de semana o Aceites Abril Voleourense recibirá ao Sábado 21, no polideportivo O Pompeo, a partir das 19:00 h. ao equipo de Madrid CV. Torrexón.