Concello de Ourense

Actividades para escolares para axudar á conciliación durante o Nadal

A Concellería de Educación, organiza actividades de conciliación para escolares na Sala Valente e na Aula de Natureza do río Miño. As familias interesadas poden solicitar praza até o día 16 de decembro na páxina web www.educacionourense.es

Óscar Gómez

Ourense | 14.12.2021 08:42

Casa do concello de Ourense
Casa do concello de Ourense | onda cero

Na Sala Valente desenvolveranse obradoiros de expresión artística, ciencia, diversidade e outros, dirixidos a alumnado de 5º curso de Educación Infantil a 6º de Primaria. Realizaranse polas mañás de luns a venres, de 10 a 13h, e polas tardes de luns a xoves, de 16 a 18h, os días 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022.

Na Aula de Natureza do río Miño, no paseo fluvial de Oira, realizaranse actividades educativas relacionadas co Nadal e coa natureza e o medio ambiente, dirixidas a escolares de Primaria. Serán polas mañás, de luns a venres, de 9 a 13h, os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2021 e 3, 4, 6 e 7 de xaneiro de 2022

A preinscrición será unicamente por internet. As prazas adxudicaranse por orde de presentación das solicitudes. No caso de estar admitido/a recibirá un e mail coas instruccións para formalizar a matrícula. A tarifa é 10 euros para o primeiro neno inscrito e, de ser o caso, 5€ por irmán.

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza tamén durante esta semana actividades de animación á lectura para escolares da cidade no Pobo de Nadal da Praza de Bispo Cesáreo.