O Concello de Ourense levará a cabo en 2023 as obras previstas en 2022 que non se puideron iniciar antes de rematar o ano. Así o asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanzou que o Concello continuará co seu plan de investimentos en obras de infraestruturas e medio ambiente, dotando de crédito a aquelas actuacións que non se puideron iniciar en 2022 polo “gran volume de traballo” do pasado exercicio.
O Concello de Ourense tramitou a finais do ano pasado un expediente coa finalidade de dotar de financiamento un paquete de 24 obras (15 de infraestruturas e 9 de Medio Ambiente) e outras 10 actuacións de mellora de servizos municipais. A fórmula elixida era un convenio de colaboración co Ourense Club de Fútbol que confinanciaría os proxectos realizando unha achega de 50 euros por cada un. O convenio tería unha vixencia até o día 31 de decembro de 2023, polo que os proxectos poderían desenvolverse ao longo do ano actual.
Porén, o goberno municipal decidiu desistir desta fórmula e levará a cabo as actuacións previstas de forma directa, e dotará o crédito nos orzamentos para aquelas actuacións que o precisen.
O convenio incluía estas 34 actuacións:
Ascensor Avilés de Taramancos: 540.000 euros
Ascensor Alameda do Cruceiro: 427.853,22
Humanización das rúas Xaquín Lorenzo e San Lázaro: 1.198.543,53
Acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia: 627.280,39
Plan de mantemento urbano: 3,5 millóns
Restauración da máquina de tren: 144.206,35
Praza da Lexión: 647.205,50
Alumeado da presa de Velle: 138.100
Praza 200: 132.350,91
Camiño do Rouso: 95.400,01
Saneamento Serra Martiñá: 372.086,92
Parques infantís: 1.128.191,23
Parques infantís (2): 1.914.023,42
Reparación de praza pública-terraza na Avenida de Marín: 559.997,22
Parada Justel: 500.000
Parque Canedo: 7,5 millóns
Humanización rúa Alejandro Pedrosa: 3.419.902,85
Humanización Avenida de Portugal: 2.778.983,39
Subida a Montealegre: 621.357,81
Ascensor Avenida de Marín: 368.937,03
Cervantes, 14: 200.000
Actuacións en parques e xardíns: 1,5 millóns
Subministración de colectores soterrados de residuos sólidos urbanos: 1.396.677,65
Subministración de colectores de superficie de residuos sólidos urbanos: 3.498.412,50
Subministración de 15 unidades de minibús: 2.722.500
Subministración de 15 unidades de autobús diesel: 4.392.300
Deseño e execución dunha estratexia de difusión da vantaxe competitiva que supón o AVE para Ourense: 180.000
Mellora da sinalética do municipio: 100.000
Accións de difusión do potencial económico do municipio: 100.000
Estudios e traballos técnicos para o fomento do comercio local: 170.000
Actividades culturais: 800.000
Investimentos no Auditorio: 850.000
Investimento en espazos expositivos: 100.000
Elementos de produción de espectáculos e eventos: 125.000