O alcalde de Pereiro de Aguiar e presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor negou en "Más de uno Ourense" que a montaxe do concerto do
"Ouren Sound Fest 2024" sexa unha "agresión" á pista de atletismo do Complexo Deportivo de Monterrei coma denunciou Democracia Ourensana, o partido que preside o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome quen tamén se queixou do "perxuizo que ocasiona nestes dias aos deportistas ao non poder empregar o recinto". Asegurou Luis Menor que o evento "conta con tódolos permisos e garantías de protección avaladas pola Xunta e pola Federación de Atletismo e que "no caso de que ocasionase algún dano arranxaríase. Non obstante, o mandatario provincial e rexedor de Pereiro de Aguiar cree que as críticas realizadas por Jácome obedecen a unha cuestión de "ciumes" por ter acollido neste municipio un evento que deixou Ourense por falta de apoio e que conta con atraer máis de 12.000 persoas.
cortina de fume
Menor instaba a Jácome a 'preocuparse de organizar ben os eventos no seu concello' ao tempo que sinalaba que mesmo lle parecía que con esta polémica Jácome buscaba tender 'unha cortina de fume' para tapar o acontecido esta semana en Ourense onde o rexedor decidia non volver convocar Xunta de voceiros no que queda de mandato ao non ter o apoio da oposición para a supresión da ORA ou a entrada de accionistas no COB. Para Luis Menor 'trátase dun feito moi grave'
Parque acuático de Monterrei
O rexedor de Pereiro e presidente da Deputación tamén suliñou que a actitude do alcalde de Ourense pode deberse a 'envexa' por ver coma este concello terá o 20 de xuño aberta a primeira fase do Parque Acuático de Monterrei mentres do da capital 'apenas hai información do proxecto a executar'.