Ourense Cidade

O Alcalde di que non voltará a convocar a xunta de voceiros

Molesto con que a oposición non se pronuncie sobre a ORA e o COB.

Paco Sarria

Ourense |

Imagen de Gonzalo Pérez Jácome tras su investidura. Europa Press
Imagen de Gonzalo Pérez Jácome tras su investidura. Europa Press | Europa Press

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou que non voltará a convocar a xunta de voceiros nos 3 anos que restan de mandato. Fixo estas declaracións ó remate da xunta de voceiros convocada esta mañá na que nin PP, nin PSOE nin BNG se pronunciaran sobre as propostas de eliminación da ORA e a de valorar a entrada de posibles accionistas no Clube Ourense Baloncesto (COB).

a oposición mareou a perdiz

Entende Jácome que a oposición “mareou a perdiz non ó non pronunciarse en ningún sentido apelando a que precisan máis informes” e en que hai que agardar á reclamación xudicial do Grupo Hereda (accionista da entidade deportiva participada por concello e deputación). A falla de pronunciamento, di o Alcalde, deixa “bloqueados” ambos asuntos.

O BNG lamenta falla de información da Alcaldía sobre a supresión da ORA

O BNG lamenta falla de información da Alcaldía sobre a supresión da ORA
O BNG lamenta falla de información da Alcaldía sobre a supresión da ORA | onda cero ourense

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego no concello de Ourense, Luis Seara, lamentou hoxe a falla de concreción e de información por parte do Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, no referido á sua intención de suprimir a Ordenanza Reguladora de Aparcamentos (ORA() e sobre o accionariado do Clube Ourense Baloncesto (COB), polo que entende que o rexidor pretende que os grupos da oposición "voten a cegas o que él propón".

Na xunta de voceiros celebrada este martes o nacionalista explica que non foi aportada ningún tipo de documentación que avale as decisións que pretende adoptar o goberno local de Democracia Ourensana e que polo tanto non teñen "base documental".

Seara explicou que os nacionalistas están dispostos a avaliar posibles escenarios, incluído o da gratuidade da ORA, pero entenden que o debate debe estar inxerido dentro do PMUS e, a ser posible, dentro dunha Comisión técnica creada ó efecto.

No tocanto ó COB, tendo presente a existencia dun procedemento xudicial aberto pendente de resolución e impulsado polo accionista maioritario (o Grupo Hereda), demandan unha reunión de tódalas partes implicadas para aclarar as dúbidas que poidan existir ó respecto da entrada de novos accionistas.