Gonzalo Pérez Jácome, visitou a remate das obras da travesía da Vía Vella, no barrio do Pino. Segundo o propio alcalde, “trátase dunha intervención amplamente demandada polos veciños/as que mellora o firme da calzada e proporciona un itinerario peonil máis cómodo e seguro”.
Esta obra comprende en concreto un tramo de case un quilómetro desde as rúas Vía Vella – desde a intersección coa rúa Casardomato – ata a conexión coa beirarrúa existente na rúa Balneario.
Entre as actuacións están a mellora do estado do firme da calzada para que a circulación sexa máis cómoda e segura. Tamén se proxectou a construción dunhas plataformas de embarque para as catro paradas de autobús urbano. Ademais, contemplouse a renovacións dos servizos municipais de abastecemento que estaban dentro da área de actuación das obras.
Este investimento tivo un orzamento inicial de licitación de 272.555 euros.