A Federación Alcer Galicia celebrou o pasado sábado 30 de setembro as V Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia á que asistiron máis de 150 persoas participantes entre persoas con enfermidade renal en calquera dos seus estadios, en diálise ou transplantados, familiares, así como profesionais afíns e interesados. María Rozas, concelleira de Dereitos Sociais do Concello de Santiago inaugurou este evento rodeada doutras persoas representante implicadas como Alfonso Alonso, Alfonso Alonso, subdirector xeral de Xestión Asistencial e Innovación e xunto ao Dr. Jesús Calviño, presidente da Sociedade Galega de Nefroloxía As temáticas abordadas nas xornadas estruturáronse en 6 mesas nas que profesionais e pacientes compartiron o seu saber e experiencia:
- O Proceso de Atención Integral en Enfermidade Renal que ten sacado o Sergas deu o pistoletazo de saída. A Federación Alcer Galicia que este documento sexa un antes e un despois na atención a este colectivo, así como se espera que se continúen ampliando os seus contidos para que a ERC non se acade a categoría de inasumible polo sistema coa prevalencia en aumento que presenta.
- A psicoloxía da mana da nutrición abordaron un síntoma como a anemia, que deixa moitos proxecto de vida a un lado pola súa falla de entendemento social.
- Os procesos de paso dos menores con enfermidade renal da atención pediátrica á atención adulta.
- O suicidio e a súa incidencia no colectivo de persoas con patoloxías crónicas. O vivir cunha patoloxía crónica é un factor de risco fonrte ao suicidio. A Federación Alcer Galicia alza a súa voz para que a atención integral aborde estes aspectos da saúde mental.
- A educación en valores. Aquelas entidades que están a formar parte do tecido social difundindo valores de sensibilización con respecto á doazón, a prevención e aos hábitos de vida saudables como as entidades Alcer, a Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo ou a Coordinación Autonómica de Transplantes.
Este ano cúmprense 10 anos da refundación da Federaciòn Alcer Galicia e estas xornadas con un exemplo da forza das entidades Alcer de cada provincia galega e o seu compromiso co colectivo de persoas con ERC.