Flora Moure explica que “se estaban pechadas, foi decisión do alcalde, pois sempre estivo informado de todos os trámites que se estaban a facer desde a Concellería de Termalismo. Para abrir as termas como fixo hoxe, ben puido facelo hai dous anos por decreto. Pero preferiu facelo hoxe coas obras proxectadas e contratadas por nós, xa feitas e rematadas”.
“Jácome minte e manipula, e ten a desfachatez de non invitar á reapertura das termas á Xunta de Galicia, cando foi a administración que financiou estas obras na Chavasqueira”, sinala a voceira popular.
No tocante ás críticas constantes de Jácome sobre o emprazamento das instalacións termais, Flora Moure lémbralle que “as termas foron construidas polo PP onde había surxencias naturais, e quen apostou decididamente polo Termalismo ourensán foi o PP, durante os mandatos municipais de Manuel Cabezas. Non hai nada feito polo actual alcalde, ningunha aportación, porque non entende o aproveitamento termal do cauce do Miño como si fixo o PP de Manuel Cabezas e deu lugar ao Termalismo da cidade”
Flora Moure recalca que “o noso traballo neste mandato en materia de Termalismo sempre buscou as máximas garantías sanitarias e o total respecto á lexislación. Hoxe eses parámetros non son importantes para o alcalde actual”.