Alfredo García comenzou a súa campaña cara a secretaría xeral do PSdeG-PSOE de Ourense “escoitando á militancia” da comarca de Valdeorras para que no socialismo ourensán as “persoas sexan o máis importante”. García amosou o seu pulo no salón multiusos da Casa do Concello de O Barco de Valdeorras presentando o seu “proxecto de renovación do partido para que a militancia decida o socialismo do futuro”. Propón un “partido unido, aberto e democrático” no que todas as agrupacións locais e comarcais sexan tidas en conta para a toma de decisión, e sexan escoitados e onde a xuventude e as mulleres teñan un peso importante.
Un partido que avance e “mire cara adiante con ilusión e confianza no futuro”. Que non se conforme e que aspire a ter” peso maioritario nas alcaldías” da provincia de Ourense e conseguir que a Deputación Provincial sexa un “organismo no que todos os habitantes da provincia sexan iguais”, expuxo Alfredo. E comprometeuse a “traballar en equipo” dende o minuto un de mandato co foco posto nas eleccións municipais de 2023 e ter reunións comarcais nas que estén todos os cargos públicos do partido antes de que remate o 2022. O socialista busca recuperar a ilusión que hoxe está perdida despois de que a executiva provincial actual leve sen reunións con ningún alcalde durante máis de dous anos.
O candidato á secretaría xeral do PsdeG-PSOE de Ourense lembrou a súa “traxectoria e percorrido” como alcalde no concello de O Barco cun traballo avalado por e para os veciños e veciñas; como exvoceiro socialista da Deputación provincial onde se apoiaba a labor dos concellos que querían mellorar defendendo “que é para o que están os políticos” e como presidente da FEGAMP, pondo de relevancia o seu “talante negociador e capacidade para chegar á xente e que os socialistas xuntos sexamos máis fortes” e que decidan libremente nas urnas o vindeiro 23 de xaneiro.
Un PsdeG de carácter municipalista e onde a dirección provincial estea sempre ao servizo das bases, dos militantes e simpatizantes. En definitiva, un PsdeG que aposte e traballe por mellorar a vida das persoase, que sexa útil para a sociedade e formar un “equipo para traballar e non que busque traballo”.