Eleccións Psoe

Alfredo García entrega o máximo de avais permetidos para a presentación de candidatura

O candidato á secretaría provincial, agradece a mobilizción da militancias no proceso de recollida pola alta participación e a boa acollida.

Óscar Gómez

Ourense | 10.01.2022 09:26

Alfredo García entrega o máximo de avais permetidos para a presentación de candidatura
Alfredo García entrega o máximo de avais permetidos para a presentación de candidatura | onda cero

Alfredo García entregou na sede do PSdeG de Santiago, o máximo número de avais permitidos (236) para a presentación da súa candidatura para liderar o PSdeG-PSOE de Ourense e abrir así unha Nova Etapa na provincia na que estean integrados tódolos militantes que poidan aportar algo, a partir da labor nos Concellos e ampliándoa ó conxunto dos sectores sociais progresistas de cada Comarca e concello.

García, acompañado dos representantes da candidatura e diferentes cargos institucionais do PSdeG-PSOE na provincia, agradece á militancia socialista a mobilización e a boa acollida do proxecto nos catro día que durou o proceso dado que obtivo case o dobre de avais que se permitían presentar, o que da ilusión e esperanza para que o día 23 a militancia fale nas votación para ter un novo partido na provincia onde os militantes se sintan partícipes do socialismo ourensán.