A veciñanza e aos/ás visitantes gozarán de concertos musicais, monólogos de humor, teatro, obradoiros e outras actividades propias destas datas como a carreira A Derradeira Solidaria que despide o ano ou a cabalgata de Reis.
A cativada terá tres citas co teatro durante este Nadal. O sábado 17 e o venres 23 de Decembro e o 8 de Xaneiro, estarán connosco na Casa da Cultura de Allariz as obras Quixote, A Tartaruga e Asemblea Xeral ás 18:00h. O domingo 18 a escola da Banda Unión Musical de Allariz celebrará un concerto pola mañá no mesmo recinto.
O venres 23 o Campo da Barreira acollerá o concerto de Son da Rúa e dos Djs Markox e Paulo Seoane todo elo a partir das 23:00h.
O pavillón do IES de Allariz acollerá de novo o Nadal Parc entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro. Os nenos e nenas de ata 12 anos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogo e nos obradoiros que se desenvolverán neste espazo. Algúns dos obradoiros teñen capacidade limitada polo que deberás consultar dispoñibilidade de prazas na Casa da Cultura de Allariz.
A Derradeira Solidaria celebrarase na mañá do 31 de decembro. A carreira para adultos comezará ás 11:00h e a infantil ás 11:15h, ámbalas dúas probas con saída dende a Praza Maior. O 5 de xaneiro ás 18:30h dará comezo a Cabalgata dos Reis Magos dende a Alameda ata o Pavillón do IES de Allariz.
E o turno do humor chegará o Allariz o sábado 7 de Xaneiro da man de David Amor co seu espectáculo Love está en el aire ás 22:00h na Casa da Cultura.