Igualdade

Allariz celebra as XVII Xornadas para a Igualdade

As XVII Xornadas para a Igualdade do Concello de Allariz celebraranse do 8 ao 20 de marzo

Óscar Gómez

Ourense | 26.02.2021 08:51

Allariz celebra as XVII Xornadas para a Igualdade
Allariz celebra as XVII Xornadas para a Igualdade | onda cero

As XVII Xornadas para a Igualdade do Concello de Allariz celebraranse do 8 ao 20 de marzo. Esta edición de 2021 estará dedicada a reflexionar sobre a idea de como imos sendo coas circunstancias que imos tendo. O lema desta edición será “Pola convivencia dos sexos, o encontro enriquécenos”.

A Área de Benestar Social organiza esta décimo sétima edición adaptada a situación sanitaria. Na presentación que tivo lugar na mañá de hoxe, Maribel Poisa e Ana Cardoso, Concelleira de Benestar Social e Técnica de Igualdade deron conta das novidades desta décimo sétima edición.

Tendo en conta as dificultades para organizar calquera programación coas medidas que van e veñen derivadas da Covid-19, optan por actividades enfocadas a grupos pequenos con actividades ao aire libre. Tamén coa edición dun folleto en papel, tentan chegar dalgunha maneira non soamente á mocidade, ao público infantil, ás Doulas Dororas e á mesa de coordinación contra as violencias senón a toda a poboación. O día 8 de marzo, coa lectura do manifesto e a actuación de Nuria Sotelo e Mounqup, darán comezo as actividades programadas para esta edición de 2021. Tamén se realizará formación a través da Plataforma para a Convivencia recentemente creada.

Completarase esta programación con dous programas de radio o 9 e o 16 de marzo, de 11:30 ás 13:00h. co programa “feminismo para principiantes” que serán emitido en Radio Allariz 107.2FM.