Concello de Allariz

Allariz celebra a XXV edición da Feira de Outono

Allariz acollerá a fin de semana do 13 e 14 de novembro, a vixésimo quinta Feira de Outono. O evento gastronómico ten por obxectivo dende fai moitos anos promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono.

Óscar Gómez

Ourense | 05.11.2021 12:35

Allariz celebra a XXV edición da Feira de Outono
Allariz celebra a XXV edición da Feira de Outono | onda cero

Allariz acollerá a fin de semana do 13 e 14 de novembro, a vixésimo quinta Feira de Outono. O evento gastronómico ten por obxectivo dende fai moitos anos promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono. O pavillón do instituto, localizado na rúa Emilia Pardo Bazán, acollera una nova edición da Feira logo do parón do 2020.

Como ben dicía Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, a Feira de Outono cumpre vinte e cinco edicións. Aínda que situación non nos permite facer unha gran celebración, como merecería a ocasión. a vixésimo quinta edición ofertará produtos de calidade a todas aquelas persoas que se acheguen a Allariz. Máis de trinta produtores venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros como queixo, embutidos e produtos de horta durante os dous días da mostra.

A programación da Feira inclúe cociña ao vivo dan man de Gersón Iglesias e de Begoña Vázquez , charlas micolóxicas con Mycogalicia, así como presentación de produtos novos e obradoiros infantís. As actividades serán con capacidade limitada ata esgotar prazas. Tanto para participar na saída micolóxica do sábado 13, como nos obradoiros infantís do fin de semana deberanse anotar no correo dinamizacioneconomica@allariz.gal .

Nesta edición , coincidíndoo coa publicación en galego de varios dos seus libros, María Oruña estará na Feira de Outono, da man da Editorial Aira, presentando e firmando libros o sábado 13 a partir das 13:00h. Así mesmo o domingo a mesma hora, terá lugar a presentación do libro Un día de festa en Allariz, ca presenza do ilustrador Jorge Campos e representantes da Editorial Aira. Para esta presentación estarán acompañados por Fina Rei que obsequiará cun petisco moi especial aos asistentes a charla.

Tamén contaremos coa presentación de produtos de Carabuñas o sábado pola tarde. O domingo pola tarde será a quenda de Alberto Fernández, do restaurante BoiGorri e de Javier Bernal, de Xeados O Avó que nos falarán da cociña de vangarda e da utilización dos xeados nesta.

Asemade e durante a fin de semana os restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono. As persoas que se acheguen a consumir os menús ou tapas de outono poderán entrar no sorteo dunha comida para dúas persoas nalgún dos establecementos participantes.