Allariz prepárase para celebrar as IX Xornadas de Carne de Boi de Allariz
As Xornadas de carne de Boi, convértense nunha proposta ideal para desfrutar dunha pequena escapada en familia.
O boi, é todo un referente en Allariz. O concello ven apostando pola súa crianza dende 2011.Este proxecto de cría e comercialización de Carne de Boi de Allariz,naceu co obxectivo de recuperar a base territorial, previr os incendios e apoiar a hostalería ofrecendo un produto de calidade.
Este plan de dinamización permite hoxe a comercialización de exemplares nados e criados en Allariz,no monte de Penamá e cebados en explotacións locais, coa conseguinte xeración de postos de traballo ligados ao sector primario e a recuperación das superficies forestais.
Este ano, foron sacrificados 4 Bois de Allariz para a degustación da súa carne,recoñecida polas súas especiais características gastronómicas. .Cunha media de 400 kg cada exemplar, a hostalería de Allariz disporá de máis de 1600 k de carne de Boi para elaborar os seus menús e tapas nas 9ª Xornadas de Carne de Bo de Allariz do 25 de setembro ao 12 de Outubro .
Esta carne que xa pode mercarse todas as fin de semana no Mercado da Reserva da Biosfera en Allariz os sábados pola mañá. Neste ano tan atípico, a crise da Covid-19 obríganos a por o acento sobre a necesidade de consumir produtos locais "Esta crise ten evidenciado a importancia dos nosos produtores para manter a economía e o suministro de produtos de cercanía"
Consumir produtos de proximidade é clave para manter a economía e emprego locais e por suposto é moito máis sostible e respetuoso co medio. As Xornadas de carne de Boi, convértense nunha proposta ideal para desfrutar dunha pequena escapada en familia. No escenario da nova normalidade , cas condicións de seguridade sanitarias e seguindo con sentido as medidas de hixiene, de distanciamento social e respetando os aforos e a normativa que os establecementos hostaleiros deben cumprir, poderemos gozar dunhas xornadas adaptadas á situación.