Allariz presenta as medidas de reactivación económica e social para o 2020
Reactivar Allariz dende o punto de vista económico e social é o obxectivo do plan presentado pola la Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid e a Concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, María López.
A primeira acción que se está a acometer é unha humanización en espazos públicos, para acondicionar estes á actividade comercial e persoal da cidadanía, facilitando a circulación de persoas e garantindo que se podan cumprir as medidas de distanciamento social. Esta humanización localízase na rúa Alarico e no Campo da Barreira, dúas zonas de gran afluencia comercial e de fluxo de persoas. Na rúa Alarico, limitando a circulación nunha dirección cun único vial para o tráfico rodado.
No Campo da Barreira gañouse espazo para uso para as persoas e para a calzada. Outro gran paso que se vai a dar é a peonalización do Casco Histórico. Na actualidade o que se permite é a circulación no mesmo, non o aparcamento.
Vaise a proceder o cambio da sinalización do Casco Histórico e eliminarse a circulación de vehículos, soamente poderán acceder para carga e descarga, residentes ou vehículos autorizados . O que se pretende é garantir ese espazo para o uso das persoas e dar a posibilidade para todo o comercio que está no Casco Histórico,de poder sacar parte do seu produto a rúa e compatibilizar ese uso do espazo público co distanciamento social. Seguirase traballando a Marca Allariz, reforzando e intensificando as medidas que se estaban xa tomando, aumentando o valor do Casco Histórico e dinamizando o mesmo.
Ademais nace Allariz San, un selo que estará a disposición de todos os establecementos que se queiran acoller. Allariz San vai a garantir que ese establecemento cumpre todos os protocolos, non so os que marca o BOE, senon algún a maiores que se acordou co sector durante estes días.
Aplicaranse unhas normas e uns protocolos adaptados a cada sector, que garantirán que todos aqueles establecementos que se acollan a este selo, cumpran estes protocolos para manter o distintivo. Outra novidade será a modificación do custe do chan do Parque Empresarial de Chorente, rebaixando as parcelas ata os 35€/m².
E outra das partes deste plan de reactivación será a reorganización das feiras en Allariz. As feiras en Allariz, hai anos estaban distribuídas por todo a vila, e non concentradas nun só punto. O Concello de Allariz reactivará as feiras cun novo formato, que dinamice a actividade comercial.
A principal novidade será que a feira estará repartida por varios espazos de Allariz, dende a Barreira, Campo dos Brancos, Praza do Eiró, Alameda de San Bieito, Rúa Entrecercas, na zona de Santo Estevo e na Praza do Matadoiro.
Outra das novidades da Feira en Allariz será a data. Anteriormente a feira en Allariz celebrábase cada 1 e 15 de mes e agora pasará a celebrarse todos os sábados do ano, na que os feirantes encherán as rúas do Casco Histórico cos seus produtos. Ademáis seguirá o Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz aberto, polo que actividade comercial verase reforzada.
A Alcaldesa quere fortalecer a Marca Allariz, que tan bos resultados ten dado. Incrementar a capacidade de atracción de visitantes e asegurar que comercio, hostalería e cidadanía podan saír reforzados desta nova situación na que nos atopamos. Cristina Cid, destacou a boa sintonía e a lealdade que os grupos da oposición mostraron antes estas novas medidas e agradece a unanimidade