A Casa da Cultura de Allariz acollerá varias das propostas. O sábado 18 de decembro ás 22:30h, Alberte Montes visitará a instalación municipal co seu espectáculo “Albertadas”. A entradas xa están a venda na Casa da Cultura por un custe de 3€ con tarxeta cidadá e 5€ sen tarxeta cidadá.
O domingo 19 a Banda Unión Musical de Allariz ofreceranos un concerto no patio o IES de Allariz ás 12:30h. Pola tarde haberá tarde de cinema da Casa da Cultura coa proxección de María Solinha ás 19:00h.
O xoves 23 será a quenda do cinema infantil coa película Onward ás 17:30h.
O luns27, martes 28 e xoves 30 de decembro haberá obradoiros para nenos e nenas na Casa da Cultura. Para asistir é necesario anotarse previamente.
O mércores 29 haberá “Os nosos (ilustres) instrumentos da man de Laura Romero na Casa da Cultura ás 17:30h. Para reservar entrada para este espectáculo deberá facer na Casa da Mocidade de Allariz, no correo mocidade@allariz.gal ou no 988 680 343.
Xa en Xaneiro As Súas Maxestades Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Allariz nos soportais do Pavillón do IES como xa aconteceu no 2020. O horario será de 18:00h ás 20:00h controlando en todo momento as entradas e saídas ao espazo.
O venres 7 de xaneiro Sarabela Teatro chega a Allariz co seu espectáculo infantil “O secuestro da bibliotecaria”. O horario serás ás 17:30h na Casa da Cultura.
O sábado 8 de xaneiro a obra de teatro para público adulto “Divas de Divan” será a partir das 22:30h.