O proxecto achegado polo Concello inicialmente ascendía a 1.335 000 euros, polo que se remitiu novamente adaptando as actuación ás subvencións concedidas, un trámite que xa foi executado a semana pasada. Cristina Cid, sinalou que se trata dun proxecto vinculado sobre toda á sostibilidade turística de Allariz como destino sostible.
De todos os proxectos presentados, como explicou a Alcaldesa, o proxecto de Allariz foi escollido entre os tres mellores, por parte da FEGAMP e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Por parte da Xunta de Galicia a puntuación foi menor, aínda que a no computo total o proxecto acadou a idoneidade grazas as boas puntuacións acadadas polo plan nas outras dúas entidades.
O Plan de Sostibilidade consta de varios eixes como pode ser o de transición verde, eficiencia enerxética, sinalización intelixente para información a cidadanía, estratexia de transformación dixital para comercio e hostalería e plan de marketing dixital, este último apartado de colaboración pública-privada obtivo unha moi boa valoración. Por outra banda o eixe de competitividade será xestionado dende unha oficina técnica.
Dentro de este plan vai tamén unha mellora de adecuación e accesibilidade da zona do Castelo, tamén se incluíu unha mellora dos elementos patrimoniais ao longo do Camiño de Santiago ao seu paso por Allariz, patrimonio etnográfico tales como fornos, lavadoiros, etc.
Crearase un parque de turismo activo no entorno do Camping, asi como un produto turístico gastronómico que enlazará coa rede de produtores locais, tamén se creará un observatorio turístico para analizar os datos para poder traballar segundo as análises que se obteñan. Implantarase o metrominuto en Allariz, para unha mobilidade máis sostible.
Cristina Cid resaltaba a importancia deste plan para Allariz. A localidade ten conseguido nos últimos anos uns resultados extraordinarios en creación de postos de traballo, de dinamización económica e de crecemento de poboación que permitiu que xunto coa poboación local máis a poboación turística que se achega a Allariz podan gozan dunha calidade de vida e un proxecto turístico sostible.
Cristina agradecía a todas as entidades turísticas de Allariz, que participaron na elaboración deste proxecto pola implicación.