Educación

Alumna do IES 12 De Outubro participa no campionato de España de FP-SPAINSKILLS

Logo dunha longa e intensa preparación durante os últimos meses chegou o momento de competir e de demostrar todo o aprendido competindo xunto co resto de comunidades autónomas

Óscar Gómez

Ourense | 23.03.2022 13:20

Alumna do IES 12 De Outubro participa no campionato de España de FP-SPAINSKILLS
Alumna do IES 12 De Outubro participa no campionato de España de FP-SPAINSKILLS | onda cero

A alumna Elidianik Almanza Quesada do 2º curso do Ciclo Medio de Estética e Beleza participará ata o 25 de marzo no Campionato de España de FP SpainSkills que se celebrará en Madrid, representando ao IES 12 de Outubro e á Comunidade autónoma de Galicia. Está titorizada polo profesor D. Diego Negro Taboada.

Logo dunha longa e intensa preparación durante os últimos meses chegou o momento de competir e de demostrar todo o aprendido competindo xunto co resto de comunidades autónomas.

Trala inauguración do campeonato no día de onte pola Secretaria General de Formación Profesional do Ministerio de Educación e FP no Palacio Municipal de IFEMA, no día de hoxe darán comezo as probas programadas que para a especialidade de “Estética” consistirán en seis probas de carácter práctico e/ou teórico relacionados coa profesión de estética distribuidas en seis módulos:

Tratamiento facial avanzado

Tratamiento corporal Pedicura.

Epilación.

Maquillaje.

Tratamiento de pestañas.

Técnicas de uñas artificiales

Trala realización das distintas probas que terán lugar no recinto feiral de IFEMA e que finalizarán o venres 25, o sábado será o turno de coñecer os resultados acadados, da recollida de premios e clausura