Cultura

Alumnado do CIFP A Farixa remata a rodaxe do documental “Memoria de Soutelo”

Esta pasada fin de semana, un equipo de alumnado do CIFP A Farixa, acompañado por profesionais do sector implicados no proxecto, estiveron a rodar en diversas localizacións de Soutelo de Montes a curtametraxe documental “Memoria de Soutelo”.

Óscar Gómez

Ourense | 28.02.2024 11:57

Alumnado do CIFP A Farixa remata a rodaxe do documental “Memoria de Soutelo”
Alumnado do CIFP A Farixa remata a rodaxe do documental “Memoria de Soutelo” | onda cero

O proxecto, que contou coa colaboración de numerosos veciños e veciñas da contorna e empresas locais como Os Carteiros, O Lagar, Kalis, Supermercado de Rivas e Gasolinera de Lamas, toma como punto de partida a experiencia vital da moza Candela Lorenzo,

estudiante de audiovisuais da Farixa e veciña da localidade, para conectar coa microhistoria da vila a través das imaxes do fotógrafo Virxilio Vieitez.

A rodaxe desenvolveuse en emprazamentos históricos da vila que son tamén localizacións habituais de moitas das fotografías de Vieitez, como o bar Avenida ou o Salón de Baile Changüí, entre outros, e en numerosos espazos privados da súa veciñanza. O equipo estivo formado por un grupo de 4 alumnos, impulsores do proxecto e encargados da área de produción (Candela Lorenzo, Drew Otero, Marta Galán e Brais Iglesias) e cun equipo externo conformado polo encargado da dirección; Xoán Bregua, o director de fotografía e camarógrafo; Adolfo Fernández, e o equipo de son formado por Vicente Couceiro Gestoso e Miguel Gómez Pérez.

Comeza agora o proceso de montaxe e posprodución que dará remate cara o mes de maio, cando se prevé as primeiras preestreas. Polo momento, unha delas na propia vila de Soutelo de Montes e a outra en Ourense que terá lugar na Mur Marxinal antes de comezar a

súa difusión en mostras e festivais.