En Más de Uno, a edil popular Ana Méndez quixo lembrar que non teñen medo a xeito de actuar, como tampouco a unha moción de censura que, lembrou "segue estando sobre a mesa", engadindo que os populares están abertos "a todo" non pechándose a renegociar un acordo con PSOE e BNG.
Sobre a ameaza do Alcalde de promover unha posible moción de censura na Deputación, onde o PP non conta con maioría absoluta, dixo Méndez que o rexidor municipal "saca os pés fora do tiesto" e que Luis Menor saberá como actuar.
A edil do PP repasou en Onda Cero a actualidade municipal centrándose no pleno do pasado luns e na situación laboral dos empregados públicos municipais que teñen previsto convocar mobilizacións diante da falla de acordo e negociación con Jácome.