O leite de burra posúe propiedades nutritivas, rexeneradoras e suavizantes para o cabelo, grazas ás vitaminas que contén e sobre todo, polo seu alto contido en RETINOL NATURAL (vitamina A), que repara as puntas abertas e o cabelo fráxil, quebradizo, deixándoo con brillo e suavidade.
A Manteiga de Karité BIO achega propiedades hidratantes para o cabelo.Xabón D’Allariz Champú Sólido BIO é un champú cremoso, nutritivo e acondicionador natural que devolve a hidratación e a vitalidade ao cabelo seco e danado.
A esta base tan cremosa engadímoslle aceites esenciais.
ACEITE ESENCIAL DE ROMERO BIO. O aceite de romeu estimula a circulación propiciando o crecemento e fortalecemento do cabelo. Regula o exceso de graxa e a caspa. Alivia a irritación.
ACEITE ESENCIAL DE CEDRO. Os compostos bioactivos deste aceite esencial melloran a saúde do coiro cabeludo seco, con caspa, graxa, inflamación ou eccema. Indicado para todo tipo de cabelos, tanto graxo, mixto ou seco. Ideal para o coiro cabeludo sensible. Aplicar cunha suave masaxe na raíz e o cabelo.
• Respectuoso co medio ambiente: embalaxe sen plástico.
• Gran durabilidade: unha pastilla de champú sólido equivale a 3 botes de champú líquido.
• Sen sulfatos
• Sen parabenos
• Sen conservantes
• Sen silicona
O champú elabóranse artesanalmente en Allariz, Ademais é un produto ético e solidario: os beneficios obtidos pola venda do champú e os xabóns dedícase integramente a subvencionar os Programas de Terapia asistida con animais da Asociación A.N.D.R.E.A. para persoas con discapacidade.