O ano hidrolóxico 2023-2024 rematou coma o segundo "máis húmido" dende o inicio da década dos oitenta según o balance hidrolóxico anual realizado pola Confederación Hidrográfica Miño Sil que situou aos meses de outubro e novembro do pasado ano e a marzo e setembro de 2024 coma os máis húmidos mentres que Agosto deste ano foi “moi seco”.
Os meses con máis precipitacións foron outubro e novembro de 2023 e os encoros remataron o ano hidrolóxico ao 63,71% de volume sobre a capacidade máxima.
En relación aos caudais circulantes con data 30 de setembro atopábanse de media nun 80% do promedio histórico e as perspectivas do novo ano hidrolóxico son similares segundo apuntou o o xefe da oficina de planificación da confederación miño Sil Carlos Ruiz del Portal quen igualmente apela a un uso "responsable" da auga.
Ruiz del Portal sinalou que no presente ano hidrolóxico "cumplironse os obxetivos trazados no plan e o bo estado das masas de auga.