Máis dunha treintena de pais e nais da Anpa do Colexio Irmáns Vilar de Ourense concentráronse diante da Delegación de Educación de Ourense para reclamar a admisión de trece alumnos e alumnas excluidas no IES Otero Pedraio para o vindeiro curso, según educación "pola imposibilidade de ampliación arquitectónica das instalacións". Sen embargo para os afectados o problema real "é de falta de previsión e planificación". Afirmouno un dos voceiros da Anpa, Carlos Regueira que tamén reclamou a"demisión" do xefe territorial de educación Jorge Sampedro.
Dende a ANPA lembran que este é o centro de referencia para o alumnado de Irmáns Vilar, Amadeo Barroso e Inmaculada e están convencidos de que "ate quenes coñecen o instituto saben que hai solucións".
A protesta foi apoiada por representantes políticos do Psoe e BNG de Ourense