A primeira destas liñas correspóndese coa aprobación das bases reguladoras e a convocatoria do concurso para a concesión de axudas para as Copas Deputación de 2021, cunha dotación económica máxima de 79.000 euros. O programa Copas Deputación, cun forte arraigamento e tradición na nosa provincia, canaliza as axudas ao deporte de competición federado para garantir a continuidade de determinadas competicións amateur que, en moitos casos, constitúen a única actividade regulada que se organiza na provincia para determinadas disciplinas deportivas.
As bases indican que no poderá existir máis dunha Copa Deputación por modalidade deportiva, a exclusión desta convocatoria das copas de fútbol e fútbol sala, que polo seu arraigamento e dimensión na provincia serán financiadas a través dunha subvención nominativa, así como a necesidade de que cada entidade organizadora dunha copa invite a participar nesta competición, por escrito, a todos os clubs da provincia integrados na correspondente federación galega.
Tamén no ámbito deportivo, a Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras e convocatoria de 2021 do concurso para a concesión de subvencións a deportistas ourensáns, cualificados en modalidades deportivas individuais, durante a temporada 2019-2020. A convocatoria, que se desenvolverá polo procedemento de concorrencia competitiva, conta cunha dotación de 30.000 euros, sendo a contía máxima por solicitante de ata 3.000 euros, en función dos méritos e categoría dos deportistas que opten a estas axudas.
A finalidade destas subvencións é fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas ourensáns cualificados, mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo. Por este mesmo motivo, a convocatoria de 2021 introduce unha importante novidade. Así, dadas as especiais circunstancias motivadas pola COVID-19, que paralizou practicamente na súa totalidade a tempada 2019-2020, terase en conta o esforzo que ano tras ano realizan os deportistas de disciplinas individuais, de tal modo que tamén se considerarán os éxitos e logros deportivos da tempada 2018-2019, para permitir unha avaliación xenerosa e continuísta destas axudas.
O prazo improrrogable de presentación de solicitudes iniciarase a partir da publicación da
convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 26 de febreiro de 2021, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as peticións.
Por último e no apartado de cooperación, compre apuntar que a Xunta de Goberno aprobou unha subvención nominativa a favor do Concello de Vilamartín de Valdeorras por un importe de 40.420 euros, destinados ao proxecto de arranxo da rúa Correxais