Ourense Provincia

AquaOurense colabora con más de medio centenar de concellos

Máis de 50 municipios da provincia solicitaron á empresa o desenvolvemento de auditorías e plans de acción para reducir as pérdidas de auga nos sistemas de subministro, dentro dunha iniciativa impulsada pola Xunta a través da Lei de Augas.

Óscar Gómez

Ourense | 29.09.2023 08:08

 AquaOurense colabora con más de medio centenar de concellos
AquaOurense colabora con más de medio centenar de concellos | La Voz de Galicia

No ano 2019 a Xunta de Galicia aprobou a nova lei de Augas de Galicia, na que obrigaba a todas as administracións responsables dos sistemas de abastecemento de auga á poboación a levar a cabo unha auditoría que cuantificase as perdas de auga nas súas instalacións. Ademais deste documento, as administracións debían presentar un plan de actuacións para minimizar as perdas atopadas. Noutras palabras: o obxectivo era conseguir un sistema de subministración de auga máis eficiente, sostible e con menos perdas en beneficio de todos.

Desde 2019 ata hoxe en día, as administracións tiveron que atender a grandes retos e, quizais por este motivo, a Xunta decretaba unha moratoria a finais do ano pasado para aqueles concellos que realizasen a auditoría e o plan de acción. Neste contexto, a empresa mixta AquaOurense, formada pola Deputación de Ourense e Viaqua, despregou todo o seu “know-how” e equipo humano para crear unha asistencia técnica incluída no Programa de Cooperación que a Deputación de Ourense pon a disposición das entidades locais. Esta asistencia técnica permitiu a 56 dos 92 concellos da provincia de Ourense que chegaran en prazo e forma a cumprir esta moratoria, demostrando así o seu compromiso coa sociedade galega.

Viaqua, empresa galega con máis de 50 anos de experiencia na comunidade, ofrece estes servizos a todos os concellos de Galicia, co obxectivo de contribuír ao cumprimento da Lei de Augas e, por tanto, cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, mediante a redución das perdas de auga e o aumento da eficacia dos sistemas de abastecemento. Só a través do compromiso e colaboración público-privada, poderase asegurar o futuro dos recursos e conseguir dar unha resposta colectiva ante a urxencia climática e episodios persistentes de seca que vive Galicia.