Un camión que ía cargado de neumáticos ardeu a pasada madrugada no quilómetro 262 da autovía das Rias Baixas no concello ourensán de Melón o que obrigou a realizar un corte do carril de saída en sentido Benavente según informou a Garda Civil de Tráfico. Os danos foron únicamente materiais. Nas labouras de extinción participaron equipos de emerxencias do Ges de Ribadavia así coma bombeiros dos parques de Carballiño e Ponteareas (Pontevedra). Na zona tamén tivo que intervir persoal de mantemento de estradas e asistencia especializada para proceder á retirada do material e vehículo afectado.
O suceso aconteceu apenas unha semana despóis de que ardera outro camión na mesma autovía tamén nun carril de saída anque na anterior ocasión foi no quilómetro 240 en Barbantes.