A Área de Benestar Social do Concello de Allariz organiza un obradoiro a segunda quincena de xuño.
Este obradoiro será o comezo dunha serie de intervencións curtas, con grupos pequenos, que teñen como finalidade seguir traballando pola convivencia, e previndo e atendendo as violencias.
Este obradoiro será o comezo dunha serie de intervencións curtas, con grupos pequenos, que teñen como finalidade seguir traballando pola convivencia, e previndo e atendendo as violencias. Nesta ocasión esta actividade é para mulleres, e ten como finalidade aportar coñecementos e ferramentas que acompañen a situación que estamos a vivir, aportando un apoio para as situacións vividas e derivadas do COVD19.
O obradoiro ten unha duración de catro sesións, de dúas horas cada sesión, e terá unha serie de contidos relacionados coa posibilidade de entender a muller que somos agora, e poder así entender tamén aos outros.
Esta formación estará impartida pola Técnica Municipal, Ana Cardoso, e contará coa presenza de Beatriz Pérez Fernández e Berta Vega Villaamil, que complementarán a parte dos contidos, cun traballo sobre as actitudes nas relacións e as ferramentas persoais para os momentos de crise.
Esta sería a primeira, dunha serie de actuacións, que o Concello de Allariz porá en marcha para seguir traballando pola convivencia e contra as violencias, despois dun periodo complicado e dun aumento significativo dos casos de violencia a nivel de toda a autonomía.
A maiores seguirase coa Atención ás Vítimas de Violencias, coa formación das Doulas Sororas, coa II Escola de Verán, e cunha serie de actuacións en formato pequeno, e segunido todas as medidas de seguridade, para poder ofrecer a tranquilidade necesaria para asistir a este tipo de actividades, e por unha cuestión de responsabilidade social.
Durante estes meses, o Concello de Allariz, como servizo esencial, continuou ofrecendo apoio ás mulleres vítimas de violencia deste Concello, a través de entrevistas telefónicas, moita máis coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade e coa coordinación coas Doulas Sororas. É importante non esquecer que as violencias seguen, e que o traballo das Institucións non pode parar de forma que velemos por unha sociedade máis xusta e que saiba convivir.