Arrancamos semana pendentes da folga convocada polos sindicatos do concello de Ourense ante os "desprezos" e "falta de negociación" do alcalde de Ourense Gonzalo Jácome. Arredor de medio cento de traballadores e traballadoras concentrabase ás portas do consistorio aproveitando a celebración dun pleno extraordinario que presenciaron dende a grada representantes da xunta de persoal quenes previamente sinalaban ante os medios de comunicación que "xa se lles esgoutou a paciencia".
Xa no salón de sesións os grupos municipais brindábanlle a tódolos traballadores municipais o respaldo a unhas reivindicacions que calificaban "xustas". PP, PSOE e BNG uníanse ademáis para dar só o seu apoio unánime a unha das dez modificacions de crédito propostas polo rexedor cun montante de 22 millons de euros das que só saía adiante a partida de 808.000 euros para servizos sociais e emerxencia social.
Dende o Psoe Natalia Gonzalez reprochaba ao rexedor a "falta de diálogo e o dano de imaxe" que está a provocar ao concello e á cidade. O nacionalista Luis Seara acusaba ao alcalde de tentar seguir "chantaxeando emocionalmente" a oposición e reiteraba que o Bloque "só volerá negociar" con Jácome cando presente orzamentos. A popular Ana Méndez condicionaba calquera apoio a que o alcalde respetase o plan de estabilización laboral de interinos tal e coma foi negociado cos traballadores o que provocaba o choque dialectico no que Jácome acusaba á oposicion de "querer apuntalar a máis de cen enchufados" e de unirse para "bloquear" a mellor xestión en 30 anos e tentar sacar réditos electorais.
No pleno a oposición tentou eludir máis confrontacións co rexedor anque non faltaron recordatorios dos audios que o vencellan a presuntos casos de corrupción.
E logo da falta de apoios o rexedor anunciaba que decidirá nos vindeiros días se volverá levar a pleno as modificacions e se as vinculará a unha "cuestión de confianza" ou mesmo se haberá alternativas distintas para a sua aprobación.