Arte de Man e a Feira de produtos apícolas deberán agardar a 2021
O Concello de Allariz comunica a decisión de cancelar Arte de Man, prevista para o 13 de setembro e tamén a cancelación da Feira de Produtos Apícolas prevista para o 20 de setembro.
O Concello de Allariz comunica a decisión de cancelar Arte de Man, prevista para o 13 de setembro e tamén a cancelación da Feira de Produtos Apícolas prevista para o 20 de setembro.
Estas decisións están fundamentadas na necesidade de ofrecer as máximas garantías preventivas nun contexto en que os casos por coronavirus medran en Galicia. Arte de Man, deberá esperar a que a situación sanitaria o permita para celebrar a súa XVIII edición no que artesáns e artesás locais e de toda Galicia.
Máis de 25 artesáns e artesás galegos/as exporían no casco histórico de Allariz este ano distintas disciplinas artesas tradicionais como a pintura, cerámica, coiro, cestería ou gravado entre outras, coas máis innovadoras artes en decoración, téxtil ou xoiería.
Por outro lado o Concello de Allariz e a Asociación Galega de Apicultura, AGA, deciden de mutuo acordo non celebrar este ano a terceira edición da Feira de Produtos Apícolas en Allariz.
A data prevista para esta terceira edición era o 20 de setembro, pero despois de valorar a celebración da mesma,polas dúas partes, decidiron de mutuo acordo, cancelar esta edición pola evolución sanitaria en Galicia da Covid-19 nas últimas semanas.
Non obstante, tanto o Concello de Allariz como a Asociación Galega de Apicultura confían que unha vez superada a loita sanitaria se poida retomar esta celebración e as súas actividades parellas. O Concello de Allariz e Asociación Galega de Apicultura levan anos colaborando na celebración desta feira, así como en diferentes actos ao longo do ano como pode ser o Día da Abella.