XUDICIAL OURENSE

Un ex asesor de Jácome o acusa en Fiscalía de presunta "malversación e prevaricación"

José Manuel Palacios considera que ca denuncia na fiscalía debería poñerse fin á impunidade do rexedor e ao "ridículo" que provoca fora de Ourense

Jesús Álvarez

Ourense |

A oposición municipal pide a demisión de Jácome pola condena de acoso laboral
A oposición municipal pide a demisión de Jácome pola condena de acoso laboral | La Sexta

José Manuel Palacios, ex asesor do alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome presentou denuncia na fiscalía por "presuntos delitos de malversación e prevaricación".

Palacios considera que o rexedor podería ter incurrido nun presunto delito de "malversación continuada" por ter mercado material para o Concello con fondos públicos pero que utiliza na sua empresa de comunicación privada na que ademáis traballa un cámara de televisión que foi contratado coma asesor municipal, o que lle tería suposto ás arcas municipais uns 178.000 euros

Para o denunciante, o alcalde de Ourense pode ter incurrido ademáis nun "presunto delito de prevaricación" por seguir sen pedir unha declaración de compatibilidade "a sabendas que a fiscalía recoñeceu con anterioridade que malia non ser punible debería ser autorizado polo pleno" se quería simultanear a actividade publica ca privada no seu propio medio de comunicación, algo que según Palacios "non fixo".

O ex asesor de Jácome e membro de Coaliación Centro Democrático considera ademáis que o alcalde de Ourense "está vulnerar os principios de neutralidade institucional e transparencia á hora de utilizar plataformas alternativas privadas para facer a comunicación". A indignación de Palacios é tal que cree que non só debe rematar a impunidade xudicial contra Jácome senon tamén a permisividade social para "evitar que siga un dia mais no cargo deixando a Ourense e os ourensáns en ridículo."