O Concello de Ourense celebra as festas do San Martiño con dous espectáculos de programación propia no Auditorio Municipal: os tributos a ABBA e a Michael Jackson, que terán como peche un espectáculo de humor e música o sábado 13.
Dancing Queen ABBA Show - Mércores, 10 de novembro, 20.30 horas. Todos os públicos. Prezo da entrada: 10 euros.
Abborn é unha formación procedente de Eslovaquia que levan desde 1999 rendendo tributo ao mítico grupo sueco ABBA. O grupo percorreu máis de 50 países, entre os cales se atopa Suecia, país orixinario da mítica banda. A formación coida o son e as voces, e ofrecen un concerto en absoluto directo. Pero no show tamén se coida a estética con cambios de vestiario, réplicas dos orixinais que tan importancia tiveron na carreira musical de ABBA.
Países europeos como Francia, Alemaña, Irlanda, Portugal, Suecia ou España, e outros de diversos continentes, xa gozaron dalgún dos seus máis de 3.000 concertos. En España, a banda actuou en cidades como Madrid, Málaga, Vigo, Valencia, Castelló, Palma de Mallorca... Mesmo en escenarios e festivais relevantes, ao longo da súa traxectoria. O ano post pandemia complétano cunha nova xira por Suecia entre novembro e decembro, así como varios e importantes concertos en Francia.
Michael Legend - Venres, 12 de novembro, 20.30 horas. Todos os públicos. Prezo da entrada, 10 euros.
Considerado como o mellor musical dedicado ao Rei do Pop. Un espectáculo onde poderemos ver ao mellor dobre do mundo xunto a unha excelente formación musical, e a un gran equipo de bailaríns, coristas e artistas convidados. Un show para todos os públicos que nos ofrece o seu repertorio máis coñecido, e que inclúe as composicións máis emblemáticas da súa carreira. Posiblemente esteamos ante un das mellores homenaxes a ABBA do momento.
Michael Legend presentouse en setembro do ano 2009, sendo esta a décima tempada deste proxecto visto durante estes 10 anos por máis dun millón de persoas. Nos últimos meses, Michael Legend xunto a Ben Jackson cultivou os maiores éxitos, con varios sold out en cidades como Valencia, Valladolid, Vigo, Logroño, A Coruña ou Zaragoza, entre outra vintena de cidades por todo o país.
San Martiño con Humor - Sábado 13 de novembro, 20.30 horas. Prezo da entrada: Gratuíto con reserva de entrada en Ataquilla.com
O programa complétase o sábado 13 de novembro, ás 20:30 horas con entrada gratuíta, con 'San Martiño con Humor', espectáculo musical e humorístico que reúne os cómicos Lucía Veiga, Víctor Fábregas e Oswaldo Digón coa música de 'Los fabulosos Weekend' capitaneados por Manuel Manquiña.