Os autobuses urbanos do Concello de Ourense adoptarán as últimas medidas dispostas pola Xunta de Galicia na Orde do 9 de novembro -que modifica a do día 4- en materia de medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución do COVID-19 [DOG]. Así, e de maneira inmediata, permitirase a ocupación do 100% dos asentos; restrinxirase a ocupación das prazas de pé a 1/6 do total, e prohibirase comer en traxectos inferiores a 2 horas.
O Concello de Ourense solicítalles aos usuarios que durante os próximos días procuren utilizar os autobuses urbanos só se resulta necesario, e continúa a realizar un seguimento diario dos servizos para adoptar as medidas que, no seu caso, sexan precisas.