A semana pasada comenzaba a Segunda Federación coa participación de Club Deportivo Arenteiro e Ourense Club de Fútbol.
Esta fin de semana comenzan a maioría das competicións futbolísticas do resto de representantes ourensáns.
Calendario deportivo da fin de semana
Segunda Federación
CD Arenteiro - Bergantiños
O Arenteiro xoga o domingo a partir das 17:00 horas no campo de O Couto un novo derby.
Despois do empate da semana pasada, que soubo a pouco tendo en conta as boas sensacións do equipo de Fran Justo, o Arenteiro desplázase a O Couto para xogar cómo "local" frente ó Bergantiños de Lemos.
Marino de Luanco - Ourense CF
O Ourense CF viaxa a terras asturianas para enfrentarse ó Marino de Luanco o domingo a partir das 18:00 horas.
O equipo de Rubén Domínguez ten o reto de comenzar a sumar despois da derrota da semana pasada no Couto co Rayo Cantabria
Terceira Federación
UD Ourense - Rápido de Bouzas
Comenza a terceira federación esta fin de semana e faino no campo de O Couto co partido que enfrenta ó Ourense co Rápido de Bouzas o sábado a partir das 19:00 horas.
O equipo de Jorge de Dios, despois do seu ascenso desta tempada, buscará comenzar con bo pé diante da afección vermella.
CD Barco - Arosa SC
O Barco abre a liga en Calabagueiros o domingo a partir das 18:00 horas frente ó Arosa.
Os de Javi Rey enfréntanse ante un dos principais candidatos ó ascenso, o Arosa de Luisito.
Preferente Galicia
Volve tamén a competición á Preferente Galicia coa particularidade que se recuperan os 2 grupos (norte e sur) de 20 equipos e con un formato de competición similar á época pre Covid.
Calendario dos equipos ourensáns de preferente
- Porriño Industrial - UD Barbadás (domingo 11 de setembro, 12:00 horas)
- Verín CF - Atlético Arnoia (domingo 11 de setembro, 18:00 horas)
- Antela FC - Pontevedra CF B (domingo 11 de setembro, 17:30 horas)
Volve tamén o fútbol provincial e comenzan algunha das competicións de base cómo a liga nacional xuvenil que este ano conta co Pabellón e a UD Ourense