Comercio

Axudas de 215.000 euros para impulsar o sector artesán

A Consellería de Economía, Industria e Innovación apoia un total de 74 obradoiros para a asistencia a feiras profesionais dentro e fóra de España, así como para participar en feiras de venda directa e feiras de Nadal.

Óscar Gómez

Ourense | 10.10.2023 08:15

Axudas de 215.000 euros para impulsar o sector artesán
Axudas de 215.000 euros para impulsar o sector artesán | onda cero

A Consellería de Economía, Industria e Innovación acaba de conceder 78 solicitudes axuda para o fomento da comercialización no sector artesanal, por un importe total de máis de 215.000 euros. Os beneficiarios son 74 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, a Asociación de Artesáns de Ourense e os concellos de Camariñas, Tui e Monforte de Lemos.

Grazas a esta liña de axudas, apoiase os obradoiros artesanais para asistencia a feiras tanto profesionais como de venda directa e de Nadal, dentro e fóra de Galicia. Entre as feiras para as que recibiron este apoio atópanse as feiras profesionais Maison&Objet e Bijorhca, de París (Francia), Oberlin (Alemaña), ou Intergift e Bisutex, que se celebran en Madrid.

En canto ás feiras de venda directa, a Xunta apoia a participación do sector artesán galego en eventos como L’Artigiano in fiera, de Milán (Italia), Mostrart (A Coruña), Ofeitoaman Sanxenxo, Argálica (Cangas), Lan Berri (Vitoria) e feiras en diferentes localidades españolas como Burgos, Albacete, Guadalajara, Madrid ou Salamanca. Entre as feiras de Nadal máis solicitadas atópanse as de Madrid, Sevilla e A Coruña, Xixón, Pontevedra e Aragón. Este programa de axudas contemplaba unha axuda máxima de 8.000 € para os obradoiros solicitantes.

No caso dos apoios para a organización de feiras de artesanía, obtiveron apoios a Asociación de Artesáns de Ourense (ADAO), e os concellos de Camariñas (para a organización da Mostra do Encaixe), Tui e Monforte de Lemos.