Medio Rural

Axudas para creación de superficies forestais para plantar 1500 coníferas

A finalidade destas achegas é fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas para favorecer o aumento da diversidade e da superficie arborada, así como previr o risco de incendios.

Óscar Gómez

Ourense | 26.05.2023 08:54

Axudas para creación de superficies forestais para plantar 1500 coníferas
Axudas para creación de superficies forestais para plantar 1500 coníferas | onda cero

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería do Medio Rural pola que se modifica a dotación orzamentaria da convocatoria de axudas para a creación de superficies de forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. Con esta ampliación de crédito incrementase en 2 millóns de euros presuposto inicial, pasando a dispoñer dun total de 3 millóns de euros para a creación de superficies forestais.

Esta modificación orzamentaria da axuda da Consellería do Medio Rural para a creación de superficies forestais con frondosas e coníferas permite incrementar a superficie de plantación en arredor de 1.000 hectáreas, o que supón un total próximo as 1.500 hectáreas de monte galego no marco de esta convocatoria.

A finalidade destas achegas é fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas con coníferas e frondosas, favorecendo o aumento tanto da diversidade como da superficie forestal arborada, ao tempo que se reduce o risco de incendios mediante a valorización dos terreos forestais. Entre as coníferas que se promoven atópanse o piñeiro do país e o silvestre, mentres entre as frondosas se encontran o castiñeiro, o carballo, o ameneiro ou a sobreira, entre outros.

Con estes fondos subvenciónanse os gastos de plantación forestal e a posta en marcha da área de defensa contra incendios forestais, é dicir, a zona limpa de biomasa que protexe estas novas plantacións de posibles lumes. Inclúense tamén como subvencionables os gastos necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo e a adquisición de planta.

Poderán beneficiarse destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, maioritariamente comunidades de montes veciñais en man común pero tamén asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, proindivisos, comunidades de bens ou montes de varas. Tamén as agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as sociedades de fomento forestal, que coa entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia poden solicitar o recoñecemento como agrupacións forestais de xestión conxunta, cos dereitos e vantaxes que implica esta figura. Así mesmo, poden beneficiarse das achegas propietarios particulares de xeito individual.

Ligazón á orde do DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230525/AnuncioG0426-160523-0002_gl.html