O barrio do Couto acollerá este sábado a segunda cita do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, na súa décima edición. Será unha carreira nocturna, con saída e meta na rúa Dalí. Por este motivo, esta rúa estará pechada á circulación de vehículos desde as 20h, e as restantes rúas incluídas no circuíto (Ervedelo, Juan de Anges, Remedios e Antonio Puga) de 21 a 23:30h, polo que o Consello Municipal de Deportes recoméndalles aos veciños que teñan en conta esta circunstancia para os seus desprazamentos.
Plano do percorrido
899 atletas apuntáronse ata o día de hoxe no circuíto popular. O prazo de inscrición (para atletas das categorías sub20, sub23, senior e máster) ten un custe de 7 euros e pódese realizar na páxina web de carreirasgalegas. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e volve abrirse o luns seguinte a cada proba.
A carreira do Couto terá a súa saída ás 22,00h para Pitufos, ás 22,05h, para Benxamín e Alevín, ás 22:15h para Infantil e Cadete, ás 22,30h para Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e Máster
O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense volverá o domingo, 11 de xuño, coa carreira nocturna do centro. As tres últimas citas serán as carreiras matinais dos días 4 de setembro na zona universitaria, o 25 de setembro coa da Ponte e o 23 de outubro coa da Carballeira.