Ourense Provincia

A base de unidade operativa de Petín remata as súas obras de reforma

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes.

Óscar Gómez

Ourense |

A base de unidade operativa de Petín remata as súas obras de reforma
A base de unidade operativa de Petín remata as súas obras de reforma | onda cero

O proceso de reforma das instalacións da Base de Unidade Operativa (BUO) de Petín vén de rematar cunha actuación, enmarcada no Plan de mellora das infraestruturas da Consellería do Medio Rural do período 2021-2026, para a que se destinou un orzamento total de 274.520,28 euros. Os gastos foron financiados na súa totalidade a través de fondos Feder React, como resposta da Unión Europea á pandemia da covid19.

A base de unidade operativa de Petín remata as súas obras de reforma
A base de unidade operativa de Petín remata as súas obras de reforma | onda cero

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento de vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacéns para material e instrumental de traballos, ademais dos recintos para gardar os vehículos. A edificación, localizada no concello de Petín, é o punto de encontro do persoal das brigadas forestais. Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.