Coronavirus

P.P. e D.O. "bloquean" a investigacion do ocurrido nas Residencias de maoires

O voceiro socialista destacou a “necesidade de investigar e mudar un modelo residencial privatizador que ten que cambiar e do que se desvelou a súa precariedade coa crise provocada pola COVID-19"

Óscar Gómez

Ourense |

Residencia de Mayores en Ourense | La Vanguardia

O grupo de goberno formado por PP e DO bloquean a creación dunha comisión de investigación para analizar a situación e o acontecido nas residencias de maiores de Ourense durante o estado de alarma e marcar así un modelo a seguir para a renovación do modelo de política social galega. A moción desestimouse con 13 votos en contra dos populares e os de Jácome e 12 votos a favor (PSdeG-PSOE, BNG y C´s). Pese a que o voceiro socialista, Rafa Villarino, apelou na súa primeira intervención a que se aprobase por “unanimidade” dado que “as familias tampouco entenderían que se fixese de outro modo”.

O voceiro salientou a “necesidade” desta moción e a “dificultade de falar de números cando se trata de falar de vidas”. Villarino destacou a “necesidade de investigar e mudar un modelo privatizador que ten que cambiar e que se desvelou a súa precariedade coa crise provocada pola COVID-19” e que provocou que o “50% dos finados en Galicia fose en residencias de maiores”, especialmente, en residencias privadas. Unhas mortes que non foron “casualidade” senón que corresponden ao modelo de política social da Xunta. O socialista recorda que, en Ourense, o “100% dos centros residenciais corresponden a este modelo privado” dado que non hai ningunha máis que o anuncio da que construirá Amancio Ortega e que “dende o seo socialista desexan que a súa xestión sexa pública”. Villarino quixo deixar constancia do acontecido na residencia ourensá Nuestra Señora de la Esperanza, pertencente á Fundación San Rosendo, e que foi o principal foco de contaxios de Galicia con máis de 100 casos. Un punto no que estiveron dacordo tódolos grupos da oposición, foi na necesidade de repensar o modelo residencial de cara ao futuro para mellorar as deficiencias en tódolos puntos e obter previsión e ferramentas no canto de que nuns meses se produza un rebrote. É lamentable que a concelleira de política social, Eugenia Díaz Abella, defenda un “discurso tan pobre” e tilde á moción de “oportunista”, rematou Villarino, e pediulle un “mínimo de sensibilidade pola memoria das familias” aos que debe defender coa súa “labor institucional”.

Dende o grupo municipal socialista solicitaron tamén a realización dun fondo extraordinario aos Concellos de cooperación local para a contención dos efectos da COVID-19 e a reconstrución social de Galicia. Unha moción de grande importancia para os socialistas rexeitada co voto de calidade do tenente alcalde, Jorge Pumar.

Rexeitamento á non privatización das universidades galegas

O grupo de goberno amosou o seu rexeitamento coa defensa do servizo de universidades públicas galegas e por solución á fenda dixital que se desvelou durante a pandemia- cos votos a favor do BNG e PSOE e a abstención de Ciudadanos. O concelleiro socialista José Rúas, desvelou o “intento de aproveitamento do Estado de alarma”, por parte de Feijóo, para a “privatización” servizo de teledocencia- contando con empresas privadas como FEUGA ou a UOC- das tres universidades galegas. Unha medida na que tiveron que “recuar” polo movemento en contra das universidades e da sociedade”. Con anterioridade, xa houbo outro intento de instalar “unha universidades privada cunha entidade financeira como Abanca”, recorda Rúas, e sinala que isto non son máis que “globosondas aprazados pola situación electoral”. Esta política de privatización da educación seguida pola Xunta é unha “sangría” que provoca a migración interna da “xeración mellor preparada da historia de Galicia”.

Na moción presentada polos socialistas proponse instar o rexeitamento de entregar ao sector privado do servizo de teledocencia, solventar a fenda dixital do alumnado do rural que tivo problemas para conectarse e seguir debidamente as clases, e a defensa das titulacións de dobre grao máis demandadas polo alumnado do campus de Ourense que foron anuladas polo goberno do PP durante dous anos nos que Jesús Vázquez exercía como Conselleiro de Educación –informática e turismo.