Sanidad

O BNG acusa o PP de non facer nada para evitar o derrubamento no Materno-Infantil

Noa Presas pide que se asuma a responsabilidade política do acontecido : “Alguén ten que responder por someter a cidadanía a este perigo público”

Onda Cero Ourense

Ourense |

O BNG acusa o PP de non facer nada para evitar o derrubamento no Materno-Infantil
O BNG acusa o PP de non facer nada para evitar o derrubamento no Materno-Infantil | Onda Cero

A deputada do BNG por Ourense, Noa Presas, acusou o Goberno do PP de coñecer o risco de derrubamento que existía no Hospital Materno Infantil de Ourense e, malia iso, non ter feito nada para evitalo. “Alguén ten que responder por someter á cidadanía a este perigo público”, sostivo, para reclamar así á Xunta do PP que asuma responsabilidades políticas polo acontecido, posto que o derrubamento non custou danos persoais “por pura casualidade”. “Esborrallaron quilos de material que matarían a calquera que pasase por aí”, advertiu.

Na súa intervención en Pleno, Presas amosou no hemiciclo unha fotografía do derrubamento, á que se referiu como “a imaxe da vergonza” e un reflexo da “extrema precariedade da situación da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, “porque non é a primeira vez que pasa e porque se podía ter evitado”.

Malia que o estado das instalacións, nas que tamén se rexistraron goteiras e inundacións, foi motivo de queixas constantes por parte das persoas usuarias e das profesionais, a Xunta en mans do PP “mirou para outro lado” e actuou de maneira “neglixente”, incumprindo as súas promesas e apostando polos “remendos” no caso do Materno Infantil.