Comercio

O BNG aposta polo producto galego e local desde Celanova

“Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, de humanizar cidades e impedir a desertización das nosas vilas.” Reivindicou Tabarés desde a Praza Maior de Celanova.

Óscar Gómez

Ourense | 17.12.2021 08:12

O BNG aposta polo producto galego e local desde Celanova
O BNG aposta polo producto galego e local desde Celanova | onda cero

O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, manifestou que obxetivo do BNG é que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio e que as activades agrogandeiras sexan un factor de xeración de emprego e dinamización económica neste país e do rural. Neste sentido indicou a necesidade de que saia adiante a moción que o BNG presenta maña ante o pleno da Deputación provincial de Ourense na defensa dos produtores do sector primario.

“Os labregos e gandeiros galegos enfrontan unha subidas nos prezos de produción mentres padecen rebaixas nos prezos que lles pagan os grandes intermediarios”, declaraba Varela, “por iso as institucións públicas deben intermediar para garantir prezos xustos para gandeiros e agricultores da nosa terra.” Do contrario van rematar coa economía do país.

Iago Tabarés tamén fixo constar que o BNG leva tempo alertando da imposición, por parte do goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas comercias de capital foráneo, que nos empobrece, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados.

No plano comarcal, o BNG volvera inistir durante esta campaña na necesidade de coordinación das feiras e mercados entre os distintos concellos para revitalizar estes eventos, lembrou a responsábel comarcal, Ernesta Seoane, quen advertiu que no caso de Celanova vai más dun ano desde que se acordou en pleno, a iniciativa do BNG, crear unha Mesa Local de Comercio e un Banco de Locais Comerciais sen que o goberno municipal teña feito nada por poñelos en marcha.